A etiqueta que acompaña á garafiña do aceite di:

VAL DE QUIROGA
Aceite de oliveira virxe de produción artesana.

“Os romans trouxeron de lonxanas terras o cultivo da oliveira ó val de Quiroga. A tradizón mantívose ó longo dos séculos a pesares de que o insurreito Reino de Galiza fose castigado polos Reis Católicos coa tala indiscriminada dos seus prezadas oliveiras. Quiroga polo seu illamento xeográfico puido mante-la súa tradizón oliveira ó marxe do real decreto, convertindo a oliveira no cultivo emblemático da zona e símbolo da identidade destas terras.”

A verdade é que ós Reis Católicos lles entusiasmaba a tala das arbres, foran oliveiras ou o que foran. Un condanado podía librarse de galeiras se talaba arbres en Castela. E así qudou a probe, cáseque sen sombras transformándose no que realmente é hoxe España: un país subdesértico. Os Reis Taladores xustificaban a súa acción por mor de eliminar recunchos de acobexo de bandidos en xentes de mal vivir.

Por OLAF
Publicado en lareira.net: 10/12/2002

Lareiras.gal utiliza cookies propias y de terceros con fines estadísticos. Si continúa navegando, entendemos que acepta su uso según nuestra Política de cookies.

Lareiras.gal utiliza cookies propias e de terceiros con fins estatísticos. Se continúa navegando, entendemos que acepta o seu uso según a nosa Política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies