esEspañol enEnglish


Os feixóns son reniformes e de distintas cores asegún as variedades. Tamén teñen moitos nomes: ervellas, fabeiras, feixoeiros, xudías e outros máis. Os feixóns coñecéronse de sempre, pero os chegados de América remataron impoñéndose.

Non hai que confundir o feixón coa faba anque se faga a miudo. A faba, tamén moi cultivada, é a Vicia faba (as “habas” en castelán).

A pesares de que o seu cultivo está moi espallado en Galicia, temo-la obriga de salienta-los suculentos feixóns dunha terra que tamén ten sona polo seu pantrigo (o “pan de Carballo”), as súas patacas de calidade, e cebolas que se exportan e se dan nas terras a carón da costa. Trátase dos Feixóns de Bergantiños e, especialmente, dos de Trabe de Ponteceso.

Non esquecemos a importante produción gandeira da comarca, pero agora non falamos de gando.

A Festa das Fabas de Ponteceso (así a chaman) cadra cun día da feira clásica, facéndose unha xigatesca fabada, con pan de Carballo, viño e gaitas.

É ben certo que os galegos non traballamos “para gaña-los garabanzos” senón “para gaña-los feixóns”.

Por OLAF
Publicado en lareira.net: 02/12/2002
.

esEspañol enEnglish

Lareiras.gal utiliza cookies propias y de terceros con fines estadísticos. Si continúa navegando, entendemos que acepta su uso según nuestra Política de cookies.

Lareiras.gal utiliza cookies propias e de terceiros con fins estatísticos. Se continúa navegando, entendemos que acepta o seu uso según a nosa Política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies