Verba derivada do grego “rhadamnos” que significa renovo.

Entre as plantas da familia das ericáceas, na meirande parte dos xéneros, o ovario é súpero, e entón o froito é capsular coma, por exemplo, no rododendro e nas carqueixas que ben coñecemo-los galegos.

Somentes en raras especies o froito é unha baga ou unha drupa, coma na gaiuba.

Emporiso, hai un grupo de xéneros das ericáceas nos que o ovario é sempre ínfero. Neles o froito é sempre unha baga. Algúns botánicos estreman estes xéneros para constituíren unha outra familia: a das Vaccinacias. Pero, para nós, tanto ten.

O noso arando, que é o Vaccinium Myrtillus, é un arbusto pequeno, de 20 a 80 centímetros, que se atopa en tódolos montes de Galicia (non expoliados) por riba dos 700 metros de altitude.

Os froitos, que ademais de a nós, góstanlle ós paxaros, son bagas globosas de cor negra azulada cando están maduras, e teñen un sabor deleitoso agridoce que fai unha mermelada exquisita. Para comelos, se os atopan nun monte , convén limpalos da costra que adoitan ter.

Ademais, aseguran que é astrinxente, que non fai mal ós diabéticos e que atalla a formación de gases intestinais.

Qué máis pedir.

Por OLAF
Publicado en lareira.net: 10/12/2002

Lareiras.gal utiliza cookies propias y de terceros con fines estadísticos. Si continúa navegando, entendemos que acepta su uso según nuestra Política de cookies.

Lareiras.gal utiliza cookies propias e de terceiros con fins estatísticos. Se continúa navegando, entendemos que acepta o seu uso según a nosa Política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies