esEspañol enEnglish


No mundo dos túnidos, coma son o noso bonito do Norte, a xarda, a albacora e especies afíns sempre, xalundes, de grande interés económico formando parte de capturas tradicionais, o atún da nome á familia.

A falar en concreto do voraz atún (Thunnus thynnus L.) diremos que é un peixe migrador e peláxico que, por certo, nada a unha grande velocidade porque pode agacha-las aletas (as pectorais e a primeira dorsal) nunhas depresións do seu corpo disminuíndo, deste xeito, o roce coa iauga no seu desprazamento. A súa pesca económica non é tradicional en Galicia senón no Sur de España. Alí usan redes fixas, chamadas almadrabas, onde pechan ós peixes. Se trata dun proceso preciso e precioso. Por certo que hai pouco (o 23/08/02) pescouse a carón das illas Cíes un atún de 227 quilos de peso, que vendeuse na lonxa de Ribeira a seis euros o quilogramo. Este foi un feito extraordinario.

Y é que en Galicia cae algún atún de cando en vez nos anzós dos palangres que se usan para a pesca do peixe espada, e aparescen nos mercados. Na cociña, en fresco ou conxelado, pódese traballar coma o bonito ou a albacora, peixes semellantes que poden atordoar a un comprador que non saiba estremalos.

Non pasa de tres metros de lonxitude, e os normais van de medio metro ata dous. O seu corpo é fusiforme de cor azul escuro ou mouro no lombo e branco no ventre. Ten duas aletas dorsais inmediatas, e logo de oito a dez pínulas (falsas aletas) ata a querena caudal superior das dúas que ten ben desenroladas, de cor mouro cando son exemplares adultos e semitranslucentes cando son novos; en troques, o Thunnus maccoyii, que é o máis común do sur, ten marela a querena caudal. No ventre ten oito ou nove pínulas.

As mandíbulas chegan somentes ata o borde anterior dos ollos, aloxados en casulas óseas, e tamén son pequenas as aas pectorais que chegan, só, ata ó undécimo radio espiñento da primeira aleta dorsal.

Por OLAF
Publicado en lareira.net: 10/12/2002
.

esEspañol enEnglish

Lareiras.gal utiliza cookies propias y de terceros con fines estadísticos. Si continúa navegando, entendemos que acepta su uso según nuestra Política de cookies.

Lareiras.gal utiliza cookies propias e de terceiros con fins estatísticos. Se continúa navegando, entendemos que acepta o seu uso según a nosa Política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies