esEspañol enEnglish


As verzas galegas, de nome científico Brassica oleracea, non son nin repolos, nin nabizas, nin grelos. Exceptuando os enxofrados repolos, o resto das verduras citadas sonvos susceptibles de seren utilizadas no chamado “Caldo galego”. Algúns cociñeiros, nembargantes, inclúen o repolo nese grupo, pero nós, sen menosprecialo, e usalo cando no haxa outra verdura axeitada, decidimos escluilo pola enorme cantidade de xofre cristalizado que conteñen as súas células,e que afectan á dixestión das persoas sensibles a ese producto.

A brassica oleracea ten variedades , como a Botrytis (a coliflor), etc., que se utilizan en pratos diferentes e de sabores moi diferentes tamén.

Anque corresponda á sección de “receitas” o detalle da súa elaboración culinaria, quero destacar un modo de facer o caldo galego de verzas, lavadas, rotas despois por torsión, con fabas (cultivadas entre os sucos do mainzo) e unto “rustrido” (o máis elemental dos nosos caldos rústicos e probes) que se comía coas verzas cáseque crúas (apenas 5 minutos no pote a ferver). O seu sabor, que tiven a oportunidade de gozar perante anos, é o resultado de inxerir unha natureza cáseque virxen, pouco elabourada, e merece non despreciala se lla ofrecen a un.

Por OLAF
Publicado en lareira.net: 10/12/2002
.

esEspañol enEnglish

Lareiras.gal utiliza cookies propias y de terceros con fines estadísticos. Si continúa navegando, entendemos que acepta su uso según nuestra Política de cookies.

Lareiras.gal utiliza cookies propias e de terceiros con fins estatísticos. Se continúa navegando, entendemos que acepta o seu uso según a nosa Política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies