esEspañol enEnglish


Coido que non hai ninguén que non comera algunha vez un destes peixes: ou fritidos, ou como anchoa enlatada, ou en vinagre, ou no prato enxebre que chamamos “Picaracha”, que ten o incomenente de que endexamais abonda e que constitúe un dos grandes monumentos culinarios da Humanidade. Decátense de que escribín o seu nome cun “P” maiúsculo, síntoma do meu respeto e cáseque veneración.

Non somentes o bocareu lle gosta á humanidade (o seu principal depredador) senón tamén a unha morea doutros peixes. Ten un corpo fino de lombo azulado e arxentado no ventre, e a boca acusadamente ínfera. Coma a sardiña é un peixe gregario pero moito máis escaso, e somentes chega ós vinte centímetros de lonxitude. O seu nome científico é Engraulis enchrasicolus e se pode pescar dende os doce centímetros de talla mínima.

Cáseque non chega ó mercado porque a meirande parte o mercan as conserveiras. Nos pobos costeiros do norte de Galicia aínda teñen un pouco de sorte e o catan fresco de cando en vez. Sobor do tema da posibilidade de parásitos nos bucareus, aconsellamos que lean o que se di do congro.

Se pesca ó cerco.

Por OLAF
Publicado en lareira.net: 10/12/2002
.

esEspañol enEnglish

Lareiras.gal utiliza cookies propias y de terceros con fines estadísticos. Si continúa navegando, entendemos que acepta su uso según nuestra Política de cookies.

Lareiras.gal utiliza cookies propias e de terceiros con fins estatísticos. Se continúa navegando, entendemos que acepta o seu uso según a nosa Política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies