Imos falar un pouquiño do Cancer pagurus L., unha sorte de cangrexo decápodo que, cós anos, pode chegar a medir vinte centímetros de longo por trinta de ancho, con tres quilos ou un pouco máis de peso: é un cangrexo “apaisado”. A súa cor vai de rosácea a parda asegún a data da última muda do seu exoesquelete.

Ten un groso caparazón lixeiramente barbulloso, e no primeiro par de patas torácicas posúe duas pinzas moi fortes e grosas. Os bois de bon tamaño viven ata os cen metros de profundidade, pero os máis pequenos atópanse nos fondos máis superficiais.

Como curiosidade direilles que os bois teñen o “machismo” mal entendido: nas mudas das femias os machos as protexen e pouco despois, se son adultos, as fertilizan; e as femias, nas mudas dos machos, os perseguen para devoralos. Xa ven vostedes como andan as cousas no eido destes decápodos.

A súa carne non chega á categoría da de centola pero é boa e apreciada. Nun salpicón uhna e outro para aló van, e o do boi gostaralles.

Por OLAF
Publicado en lareira.net: 10/12/2002

Lareiras.gal utiliza cookies propias y de terceros con fines estadísticos. Si continúa navegando, entendemos que acepta su uso según nuestra Política de cookies.

Lareiras.gal utiliza cookies propias e de terceiros con fins estatísticos. Se continúa navegando, entendemos que acepta o seu uso según a nosa Política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies