esEspañol enEnglish


Tódolos días vinteún de decembro de tódolos anos, se celebra en Vilalba de Lugo a feira-festa do capón. As veces que fun aló vin que era costume vende-los e merca-los por parellas, e obedecín a que supuxen grata tradición. Dende logo, a cría destes capóns é milenaria.

Podemos dicir que un capón é un polo capado ben alimentado. Hoxe en día xa non se capan porque o sistema de cría e a súa vida na “capoeira” os afiminiza dabondo.

Escomezase por escolle-los ovos en marzo de galos e galiñas do país, e xa en abril, escollidos os polos (o feito de ser marelos é fundamental) se pechan, practicamente a escuras, lonxe da chuvia, do vento e do frío, nunha sorte de caixón: a chamada “capoeira”.

O éxito da crianza débese á mantenza durante corenta días a base de “bolos” feitos con mainzo marelo trociscado (non fariña) e patacas cocidas tamén marelas, co que se favorece a cor marela do animal. O “bolo”, mollado en auga fervida ou viño branco, dáselle ó capón colocado no colo dunha muller, e se non o quere metéselle á forza termando de que o trague e non afogue.

A presentación na feira, ben sacrificados, limpos e coa manteiga posta derriba deles, é unha tentación para que calquera matine en darlles unha dentada aínda crús.

Por OLAF
Publicado en lareira.net: 10/12/2002
.

esEspañol enEnglish

Lareiras.gal utiliza cookies propias y de terceros con fines estadísticos. Si continúa navegando, entendemos que acepta su uso según nuestra Política de cookies.

Lareiras.gal utiliza cookies propias e de terceiros con fins estatísticos. Se continúa navegando, entendemos que acepta o seu uso según a nosa Política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies