esEspañol enEnglish

Indicación Xeográfica Protexida



A Castaña (en portugués Castanha, Chatâigne ou Marron en francés, e en alemán Kastanie) é o froito do castaño, pechado nunha envolta espiñenta, verde, chamada ourizo. Sonvos as castañas de forma acorazonada e de cór caoba. Dentro do ourizo poden atoparse unha, dúas ou tres unidades.

En Francia, cando somentes se atopa unha, chámanlle “marron”. De aí o nome de “marron glacé” que lle dan ó seu doce. En Galicia atópanse ourizos cunha soa castaña moi a miúdo, e de aí que agunhas empresas confiten un “marron glacé” que non ten ninguha elboración que a avantaxe.

Para a conservación das castañas, tal e como se recollen das fragas o soutos, mestúranse con ramas, e mesmo area, remexéndoas de cando en vez para que non pogrezan. Esta foi o sistema utilizado perante séculos para conservalas e utilizalas no caldo de verzas con unto rustrido. Entón chamábanse balocas, pero cando chegou a “tinta”, e os castiñeiros se debilitaban ata morrer, os galegos usaron as patacas ata hoxe para cociña-lo caldo. Emporiso, aínda se cociña caldo de castañas (balocas) en algures e, sobor de todo, nalgunhas festividades. Tamén nas Rías Baixas (Muros ou Porto do Son, por exemplo) séguense chamando balocas ás patacas.

As castañas tamén poden conservarse desecadas e peladas, e entón chámanse “castañas pilongas”. A desecación faise ó sol, en fornos ou en secadoiros especiais, asegún as comarcas. Despois de desecadas descascáranse mallando nelas con paus pechadas en sacos. Despois, a man, remátase de descascar e estrémanse as castañas danadas.

O sabor das castañas crúas lembra á madeira. Pero asadas ou cocidas (coma recomendamos nestas páxinas) son deliciosas.

Por OLAF
Publicado en lareira.net: 10/12/2002
.

esEspañol enEnglish

Lareiras.gal utiliza cookies propias y de terceros con fines estadísticos. Si continúa navegando, entendemos que acepta su uso según nuestra Política de cookies.

Lareiras.gal utiliza cookies propias e de terceiros con fins estatísticos. Se continúa navegando, entendemos que acepta o seu uso según a nosa Política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies