esEspañol enEnglish


A centola (Maja squinado) é coma unha araña lixeiramente ovoide, enorme, e de caparazón vermello, forte e calcáreo. Pola banda máis estreita, onde ten a boca, ten un par de pinzas fortes de tres artellos e, simetricamente, veñen outros catro pares de uñas artelladas. Tódolos apéndices están cheos de carne, así coma todo o corpo da centola.

As femias, denantes da posta, téñenna dentro, de color vermella e que chamamos corales, dun sabor mariño intenso e agradable. Os machos, xa ora, non teñen corales.

Por certo que a centola ten un abdomen pequeño, na parte de abaixo, que permite estremar as femias dos machos. Os machos o teñen triangular e estreito. As femias, oval e ancho.

Coma crustáceo que é, a centola muda o seu esqueleto e, despois, se afunde na area ata que o novo endura. E despois da muda é cando as femias se aparean.

Non sei quen foi o primeiro que tivo o valor ou a fame para coller un destes animais de aspecto pouco amistoso (e menos se lle pon un dedo entre as pinzas, anque son máis fortes as do lumbrigante) pero o premio de risco mereceu a pena pola rica carne de que está chea.

Por OLAF
Publicado en lareira.net: 10/12/2002
.

esEspañol enEnglish

Lareiras.gal utiliza cookies propias y de terceros con fines estadísticos. Si continúa navegando, entendemos que acepta su uso según nuestra Política de cookies.

Lareiras.gal utiliza cookies propias e de terceiros con fins estatísticos. Se continúa navegando, entendemos que acepta o seu uso según a nosa Política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies