esEspañol enEnglish


O “Chocolate á taza” noméase, tamén, “Chocolate para facer” que é o nome máis axeitado, porque non se comen crúas as rectangulares tabuletas de chocolate que teñen de medio a un kilo de peso, inda que o normal é que sexan de cuarto kilo.

O chocolate para facer que hoxe temos non se parece en nada ó dos anos corenta, que tiña unha consistencia terrosa (do farelo), e sabía máis a feixóns torrados que a cacao. Hoxe, en cambio, chegan ás fábricas o cacao de Ecuador, de Brasil, e os máis achegados das nacións africanas, coma Ghana. Estes cacaos interveñen, mesturados nas proporcións axeitadas, ata nun setenta e cinco por cento do “Chocolate para facer”, que tamén leva fariña en cantidades variables, asegún se queira que saia máis ou menos espeso, e azucre, etc. É un chocolate mouro e de intenso sabor.

Facer chocolate á taza é moi doado. No leite ben quente, arredada do lume, se disolve o chocolate que un queira e, despois, lévase ó lume ata que ferva. Entón se retira, e cando deixa de borbullar, ponse outra vez no fogo ata que volva a ferver, e tres veces se fai isto asegún a tradición. Para as merendas con convidados é ideal porque, como está quente, da tempo a criticar ós que non estean alí.

Nas aldeas galegas, e o vin algunhas veces, a un neno recén-nascido, a nai, antes de poñelo á teta a primeira vez, dáballe unha chisca de chiculate nunha peseta de plata. Eran outros tempos, e o digo polo da peseta.

O resto do chocolate tomábao a nai, xa ora, despois dun caldo de galiña.

Por OLAF
Publicado en lareira.net: 10/12/2002
.

esEspañol enEnglish

Lareiras.gal utiliza cookies propias y de terceros con fines estadísticos. Si continúa navegando, entendemos que acepta su uso según nuestra Política de cookies.

Lareiras.gal utiliza cookies propias e de terceiros con fins estatísticos. Se continúa navegando, entendemos que acepta o seu uso según a nosa Política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies