esEspañol enEnglish

Indicación Xeográfica Protexida



A orixe de todas estas verduras, que son unha mesma, é o nabo (Brassica napus), que coma dí o P. Merino, é unha pranta anual ou bienal, con talo rexo ata un metro e máis de altura. Para describir as suculentas follas o mellor e velas e comelas.

As follas tenras do nabo cando empezan a medrar reciben o nome de “rabizas” e un pouco máis adiante “nabizas” dun sabor exquisito. E xa, de todo desenroladas (pero denantes da floración), as follas son os grelos, acompañamento de varios dos exquisitos pratos da cociña galega tradicional, hoxe menosprezada por unha famenta presentación da “nova cociña” galega (¡un percebe, un batallón!) cando desdeñable ou afortunadamente declina, de xeito inevitable, a “nouvelle cuisine” francesa e a súa mimética europea.

O nabo é unha crucífera, de raíz carnosa, branca ou amarelada e comestible; follas oblongas e lanceoladas, flores en espigas terminais e froito seco. Non se debe confundir có “nabegao” (Diplotaxis virgata) crucífera semellante ó nabo.

Os grelos son unha verdura que en calquera emigrante, prodúcelle o sentimento da morriña, que somentes sana coméndoos de novo.

Acudan ás receitas e, se non hai máis remedio, confórmense coas fotografías.

Por OLAF
Publicado en lareira.net: 10/12/2002
.

esEspañol enEnglish

Lareiras.gal utiliza cookies propias y de terceros con fines estadísticos. Si continúa navegando, entendemos que acepta su uso según nuestra Política de cookies.

Lareiras.gal utiliza cookies propias e de terceiros con fins estatísticos. Se continúa navegando, entendemos que acepta o seu uso según a nosa Política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies