esEspañol enEnglish


Dende o invento da cerámica no Neolítico e Idade do Bronce, e o uso do torno para moldar, que se sitúa dous mil anos antes da nosa Era, a Humanidade puido cocer e, cando soubo facelo aplicándoo ós alimentos, naceron os “cocidos”, nome xenérico dun prato que existe en todo o mundo, feito de mil e unha maneiras.

Ningún cocido é variante de ningún outro. Somentes teñen en común a ola, a-iauga e o sal (este último asegún o gosto) e, xa ora, o lume. Unha vez feito e refeito, a-iauga dun cocido se escorre. Non vai ó prato.

Por exemplo, na España non galega, non coñezo ningún cocido (inda que poida habelos) que non leve legumes e, emporiso, en Galicia temos un, o chamado “Lacón con Grelos” que só leva o lacón (como típica carne de porco e que impera na ola), grelos (as follas escollidas dos nabos que poden ser rabizas, nabizas ou propriamente grelos), chourizos e patacas. Os chourizos non moi curados: un por persoa como mínimo, e moito mellor dous, se son bós. Non hai que ser cicateiros coas patacas que, a mais de ser un acompañamento ideal para a graxa do lacón e dos chourizos, axudan tamén a esvaecer a lixeira, pero estimulante, agrura dos grelos. Pensen, por un momento, en esmagar con patacas un pedazo do pouco pero esquisito touciño que ten o lacón, e levalo á boca axudados cun anaco de pan. Chorar de emoción non chorarán, pero a boca se lles fará auga.

A pesares do devandito, os galegos temos, tamén, un “Cocido Galego” o estilo común, proprio do inverno, que din que resucita ós mortos.

E para rematar, porque este non é lugar de receitas, direilles, emporiso, que o líquido escurrido de cualquera cocido pode ser útil para un caldo.

Por OLAF
Publicado en lareira.net: 10/12/2002
.

esEspañol enEnglish

Lareiras.gal utiliza cookies propias y de terceros con fines estadísticos. Si continúa navegando, entendemos que acepta su uso según nuestra Política de cookies.

Lareiras.gal utiliza cookies propias e de terceiros con fins estatísticos. Se continúa navegando, entendemos que acepta o seu uso según a nosa Política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies