esEspañol enEnglish


Coido que hai algunhas cousas que se poden dicir do “Linguado” que en Galicia, en peixes brancos, á prancha (o de ración) ou en filetes, é un dos máis sonados con todo merecemento pola exquisitez e delicadeza do seu sabor.

O primeiro é informar que se trata dun peixe extraño, cun proceso biolóxico raro que, dende un ponto de vista antropomórfico, correspondería a dicir que é un peixe lacazán, inda que pareza, e sexa, unha parvada. Pero é que se trata dun peixe plano, que non naceu plano, senón que as súas larvas, ata os dous centímetros, nadan verticales coma os outros peixes. Pero, quizabes, vendo os fondos brandos areosos e con mantenza, escomezou a deitarse do lado dereito (mirado de fronte) co que o ollo desa banda (o seu ollo esquerdo) migrou para a outra e xuntouse co seu compañeiro da dereita. Todo un exemplo de “cohabitación”.

Non conforme con esto, a banda que non descansa no chán e mira cara enriba é mimética e, xa que logo, toma a cor do entorno onde vive, namentras a outra é branca. E deste xeito, coma un peixe plano que é, nada e colle as súas presas que son peixes, crustáceos e moluscos pequenos.

O seu nome científico é “Solea Vulgaris“, bautizado así polo sueco Conrado Quensel (o naturalista, non o matemático, tamén sueco, do mesmo nome) e ten o corpo adulto ovalado, estreito (“solea” era unha alpargata romana) e longo, que chega a unha lonxitude media de corenta centímetros. O “de ración” ten vintecinco.

Péscanse con trasmallo nos fondos de area e, coma o de tantas outras especies, o seu destino é o de seren cultivados nas piscifactorías.

Aludindo, unha vez máis, a este tema dos cultivos mariños, bótase en falla, na Universidade galega en xeral, a ausencia dunhas Facultades de peixes planos e de crustáceos. Entre nós estes estudos os fan, normalmente, os biólogos, pero os responsables do ensino podían dar polo Xapón unha pequena volta encol desta tarefa. Unha volta pequena, porque é un país caro dabondo.

Por OLAF
Publicado en lareira.net: 10/12/2002
.

esEspañol enEnglish

Lareiras.gal utiliza cookies propias y de terceros con fines estadísticos. Si continúa navegando, entendemos que acepta su uso según nuestra Política de cookies.

Lareiras.gal utiliza cookies propias e de terceiros con fins estatísticos. Se continúa navegando, entendemos que acepta o seu uso según a nosa Política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies