esEspañol enEnglish


O mexillón, moi abundante en Galicia, é un bivalvo co vértice descentrado e coas dúas marxes da cuncha diferentes. Externamente é mouro, e ás veces púrpura ou marrón. A traveso das súas branquias poden pasar ata oito litros de auga por hora, retendo l as partículas procedentes de residuos de susutancias orgánicas, do fitoplancton e do zooplancton. Como non ten fermentos no tubo dixestivo, velaí a comenencia de depuralos denantes de comelos. Con abrilos ó vapor xa se poden utilizar, ben direitamente ou argallando un prato a base deles. Os que fiquen pechados hai que rexeitalos.

En Galicia, dende o ano 1946 (máis de medio século) os mexillóns se cultivan en bateas (bastidores de madeira dos que penduran cordas onde se crían). As primeiras bateas se instalaron derriba de cascos de barcos vellos e ó abrigo das rías.

Por OLAF
Publicado en lareira.net: 10/12/2002
.

esEspañol enEnglish

Lareiras.gal utiliza cookies propias y de terceros con fines estadísticos. Si continúa navegando, entendemos que acepta su uso según nuestra Política de cookies.

Lareiras.gal utiliza cookies propias e de terceiros con fins estatísticos. Se continúa navegando, entendemos que acepta o seu uso según a nosa Política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies