esEspañol enEnglish


A pescada é o Merluccius merluccius (Linnaeus) aludindo á voracidade do lucio de río, e haina en todas partes da mar oceana, nunha e noutra beira do Atlántico, no Mediterráneo e no Pacífico, con pequenas variacións morfolóxicas entre elas.

En Galicia chámase “pescada” ou “pixote” cando é adulta, “pescadilla” cando aínda non chega, e “carioca” cando é pequena, cun mínimo de 25 centímetros.

Da pescada hai tratados e estudos feitos, non sempre desinteresados, sobor da súa conservación como especie. España pesca máis de setenta mil toneladas ó ano (que sobarda a metade do total europeo) que amola ós outros paises da UE e, xa ora ós que, como Austria, coñecen os barcos por fotografías, e que bravo se lle da o que suceda coa flota pesqueira galega.

A pescada vive ó redor dos cen metros de profundidade entre o cascallo e xa dixemos que é moi voraz polo que medra axiña, chegando a ter máis dun metro e acadando os quince quilos de peso.

A carne é moi apreciada pero o seu sabor vai ao son da arte de pesca que se utilice. Estas artes son o arrastre, palangres, volantas e outras. A mellor pescada é a que chega ó mercado en mellores condicións, non mazada. Velaí por que ten máis aceptación a pescada do anzó (ou do “pincho”).

Na primavera os arrastreiros adícanse á pesca da carioca de 25 centímetros de lonxitude mínima legal. Son moi saboridas e a miúdo, para fritilas xa limpas, méteselles a cauda na boca prendendoa cos dentes. É o típico.

Por OLAF
Publicado en lareira.net: 10/12/2002
.

esEspañol enEnglish

Lareiras.gal utiliza cookies propias y de terceros con fines estadísticos. Si continúa navegando, entendemos que acepta su uso según nuestra Política de cookies.

Lareiras.gal utiliza cookies propias e de terceiros con fins estatísticos. Se continúa navegando, entendemos que acepta o seu uso según a nosa Política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies