esEspañol enEnglish

Indicación Xeográfica Protexida



Os augardentes galegos, de 37,5% Vol. Ó 50% Vol. De alcohol (asegún sexa envellecido ou non), teñen unha Denominación Específica de Orixe que os protexe. Son o resultado da destilación dos bagazos das uvas galegas e teñen un intenso aroma que, ás veces, serve para sospeitar unha orixe distinta, ou mesturada con destilados de videiras americanas. A Denominación fala de “Orujo”, anque xa sabemos que é o bagaño ou augardente, xeneralizada a súa obtención na totalidade da Comunidade Autónoma Galega. Algúns din: “mal viño, bó augardente”, o que non é certo. Acaece que onde se obtén un viño de pouca sona, pola súa pequena produción e consumo somentes local, como a súa totalidade non é consumida “in situ”, o alleo que ten a posibilidade de catalo, pásmase da súa calidade. Esto lle pasa ó augardente de Betanzos ou do Ulla, por exemplo. Queremos sinalar que, ás veces, atópanse augardentes envellecidas en tascas ou en casas particulares, dunha cor escura, acaramelada, e que asegún o envase onde envellece (xeneralmente de carballo, pero hai mais continentes axeitados), permite saborear un licor que faría as nosas delizas.

Por OLAF
Publicado en lareira.net: 10/12/2002
.

esEspañol enEnglish

Lareiras.gal utiliza cookies propias y de terceros con fines estadísticos. Si continúa navegando, entendemos que acepta su uso según nuestra Política de cookies.

Lareiras.gal utiliza cookies propias e de terceiros con fins estatísticos. Se continúa navegando, entendemos que acepta o seu uso según a nosa Política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies