Cientificamente a ostra chámase Ostrea edulis e, coma cáseque sempre, o seu nome en galego é semellante ó nome portugués. A súa cuncha está formada por láminas calizas. Unha valva, a inferior, é convexa, e a superior plana. Utilízanse coma un delicado manxar dende dez centímetros adiante, aínda que tamén se aproveitan as máis pequenas. En calquera caso filtran 250 litros de auga por día sen unha dixestión posterior das sustancias.

Ó interior, comestible e suave, pódese engadir ou non unhas pingas de limón e, separado da cuncha, deixalo escorrer pola gorxa abaixo. Outros xeitos de preparar as ostras, o meu ver, non melloran o aproveitamento natural devandito. Pero cada un de nós ten a súa opinión.

Coido que a descripción biolóxica da ostra non corresponde á que fixa o seu obxectivo en degustala. Emporiso, é comenente a súa depuración denantes de incorporala a calquera prato.

É un bon consello.

Fálase das ostras de Arcade.

Por OLAF
Publicado en lareira.net: 10/12/2002

Lareiras.gal utiliza cookies propias y de terceros con fines estadísticos. Si continúa navegando, entendemos que acepta su uso según nuestra Política de cookies.

Lareiras.gal utiliza cookies propias e de terceiros con fins estatísticos. Se continúa navegando, entendemos que acepta o seu uso según a nosa Política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies