esEspañol enEnglish


A ovella chámase cientificamente Ovis aries L.

Xa saben todos vostedes que Aries (o Carneiro) é o símbolo, a falar do horóscopo, dos nados entre o 21 de marzal e o 20 de abril. Símbolo que simplificado se representa co gamma grego.

A ovella (coa serpe, xa ora) é se cadra máis vella que o mesmo Adán. Xa no Xénese (4,2) di: “Volveu a dar a luz e tivo a Abel, o seu irmán. Foi Abel pastor de ovellas e Caín labrego”.

Supomos que non podemos deducir deste versículo que os labregos son malos e os gandeiros bós. Haberá de todo, penso eu.

Pero si é certo que a Biblia fala primeiro das plantas. No X(11) dixo Deus: <> E así foi.

E somentes ata máis tarde, no 20 (refírome ós versículos), non creou os animais: en primeiro peixes e paxaros, e despois, no 24, os terrestres e xa, axiña, creou o home. Foi unha mágoa que non escomenzara pola muller.

Non imos entrar no problema do perigo de extinción da “ovella galega”, aínda que podería falar delas porque as gardei moitas veces, en vecería, denantes da repoboación dos montes veciñais en man común. O mesmo risco ten a vaca cachena e o porco celta. Afirmamos, somentes, que temos unha raza autóctona extraordinaria, apetecida polos franceses e ingleses, que seleccionaron a lá e esqueceron o esquelete dos animais. A nosa raza aínda se conserva nos montes de Ourense, aló por Nogueira de Ramuín, e nos montes de Lugo, especialmente en O Caurel.

As nosas ovellas, que se crían para una carne exquisita (acadando entre os dez e doce quilos/canal ós cinco meses de vida) son pequenas pero ben formadas físicamente, e moi ben fornecidas de branca lá e, xa que logo, teñen unha grande rusticidade e longa vida.

Pero, sobor de todo, caracterízanse por unha grande prolificidade, ou sexa, que entre elas abondan os partos múltiples naturais, ó que se engade unha grande facilidade para se reproduciren. Ningunha ovella europea as supera.

Parece ser que algunhas (non todas) das autoridades correspondentes, están xa a se preocuparen polo devandito, verbo o seu perigo de extinción.

Que sigan.

Por OLAF
Publicado en lareira.net: 10/12/2002
.

esEspañol enEnglish

Lareiras.gal utiliza cookies propias y de terceros con fines estadísticos. Si continúa navegando, entendemos que acepta su uso según nuestra Política de cookies.

Lareiras.gal utiliza cookies propias e de terceiros con fins estatísticos. Se continúa navegando, entendemos que acepta o seu uso según a nosa Política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies