esEspañol enEnglish

Indicación Xeográfica Protexida



Coido que o pobo galego mantívose ó longo da historia, e da prehistoria, gracias ó caldo e ó leite. Vencellado ó caldo está, xa ora, o porco, parente do xabarín… e dalgúns máis.

Se vostedes piden nun restaurante un prato de caldo (prato humilde que non se atopa doadamente) verá que ten patacas, cortadas e cocidas; é dicir, os tubérculos da Solanum tuberosum. E cavilando un pouco, pensa un que as patacas viñeron de América e, xa que logo, os galegos non puideron utilizalas ata o século dezaseis, a lo menos.

Pero é que denantes non facían o caldo sen engadirlle un sustitutivo da pataca. Este sustitutivo foi a castaña. E aínda se fai nalgures caldo de castañas.

As castañas chamabanse balocas, e nalgús sitios chámanse hoxendía balocas ás patacas. De Rianxo para abaixo, por exemplo.

As patacas galegas teñen unhas especiais cualidades organolépticas asegún as comarcas onde se cultivan e o abono empregado. Para a semente non hai coma a Limia, pero o verdadeiramente importante é que a pataca úsase en Galicia para ducias de pratos coma ingrediente principal, e acompañamento doutras moitas ducias máis.

Por OLAF
Publicado en lareira.net: 10/12/2002
.

esEspañol enEnglish

Lareiras.gal utiliza cookies propias y de terceros con fines estadísticos. Si continúa navegando, entendemos que acepta su uso según nuestra Política de cookies.

Lareiras.gal utiliza cookies propias e de terceiros con fins estatísticos. Se continúa navegando, entendemos que acepta o seu uso según a nosa Política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies