O seu nome científico é Octopus vulgaris. O de Octopus refírese a que ten oito brazos arredor da boca. Todos estes brazos, grises coma o corpo e con manchas pardas son, en conxunto, máis longos que o seu corpo en forma de globo.

O polbo non ten cuncha, e a súa lonxitude chega a sobardar o metro e medio incluíndo os brazos. O seu peso, asegún o tamaño, pode chegar ós quince kilos, anque os máis sabrosos sobardan pouco a metade.

Hai outros polbos semellantes a estes coma o salutti e o cabezón.

A reproducción dos polbos faise no inverno, cando se achegan ó litoral a carón das rochas. Nestas rochas as femias, fecundadas, depositan e fixan os ovos que nacen como han seren de adultos (pero en pequeno) ata chegar ó ano.

O polbo se alimenta ás noites de bivalvos (en grande cantidade), pequenos peixes, etc. que arrastran ás súas grutas. Polo día agachase nelas, protexéndose cos restos das presas.

Por OLAF
Publicado en lareira.net: 10/12/2002

Lareiras.gal utiliza cookies propias y de terceros con fines estadísticos. Si continúa navegando, entendemos que acepta su uso según nuestra Política de cookies.

Lareiras.gal utiliza cookies propias e de terceiros con fins estatísticos. Se continúa navegando, entendemos que acepta o seu uso según a nosa Política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies