esEspañol enEnglish

Denominación de Orixe Protexida



O queixo de San Simón, de leite de vaca rubia galega saneada, que co do Cebreiro marca unha singularidade de formas dos queixos en Galicia, é propio de onde recibe o nome, e arredores, na provincia de Lugo.

Ten Denominación de Orixe, e do seu Regulamento salientamos que existen dúas especialidades. O “Queixo Ordinario” ten de 13 a 18 centímetros de altura cun peso, ó remate da madurez de 0,8 a 1,5 kg.. E o outro queixo chámase “Queixo Bufón” cunha altura de 9 a 12 centímetros e un peso, tamén ó remate da madurez, de 150 a 350 gramos.

O queixo de San Simón ten forma de pera ou cone, e o afumean con madeira de bidueiro (betula verrucosa). A súa corteza, relucente de cor castaña resúa un pouco de graxa e é dura pero elástica, coma a masa, entre branca e marela, suave e unha chisca aceda. A mestura desa acedume e do afumado é o que lle da o seu sabor orixinal.

É un queixo que vaise difundindo, ós poucos, na rede comercial.

Por OLAF
Publicado en lareira.net: 10/12/2002
.

esEspañol enEnglish

Lareiras.gal utiliza cookies propias y de terceros con fines estadísticos. Si continúa navegando, entendemos que acepta su uso según nuestra Política de cookies.

Lareiras.gal utiliza cookies propias e de terceiros con fins estatísticos. Se continúa navegando, entendemos que acepta o seu uso según a nosa Política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies