esEspañol enEnglish

Denominación de Orixe Protexida



O queixo do Cebreiro ten, coma o de San Simón da Costa, unha forma ben orixinal, mesmo rara. E é que ten forma de tambor cun rebordo enriba ó longo da súa circunferencia. Tamén parece un cogumelo de talo moi groso e chapeuciño espachurrado. Pero no interior deste queixo lardento a pasta prensada é firme, manteigosa e de sabor agreste. Pode ter leite de cabra deica un corenta por cento.

Ten Denominación de Orixe, e o leite de vaca utilizado ten de ser de Rubia Galega, Pardo Alpina, Frisona e dos seus cruzamentos.

Pode comercializarse fresco cunha maduración mínima de dous días, ou curado cunha maduración non inferior a dous meses.

O curado, que é o que pode atoparse máis doadamente fóra do Cebreiro, ten unha codia dura, amarronada, con estrías brancas que saen do mesmo ponto, e a pasta marela é un pouco picante.

Por OLAF
Publicado en lareira.net: 10/12/2002
.

esEspañol enEnglish

Lareiras.gal utiliza cookies propias y de terceros con fines estadísticos. Si continúa navegando, entendemos que acepta su uso según nuestra Política de cookies.

Lareiras.gal utiliza cookies propias e de terceiros con fins estatísticos. Se continúa navegando, entendemos que acepta o seu uso según a nosa Política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies