esEspañol enEnglish


O nome científico do salmonete da pedra é Mullus surmuletus L., e convén estremalo do Mullus barbatus L. que é o salmonete de fango, aínda que vive nos fondos non só de fango senon tamén de pedras. Son coma irmáns cáseque xemelgos.

Ambolosdous teñen unhas barbillas tactiles que detectan as presas, pero o da pedra ten unhas raias ó longo do corpo que non ten o de fango.

Son de colorimento bermello e os que se poñen no prato deben ter unha lonxitude total mínima de 15 cm. Nadan sós ou en número pequeño de peixes, e a súa carne é de sabor especial e gorentoso. Xa, na antigüidade, por mor da súa exquisitez, mantíñanse en cautividade para telos a man cando apeteceran. Tíñanos os que podían andar todo o día do cacho para o poleiro.

Por OLAF
Publicado en lareira.net: 10/12/2002
.

esEspañol enEnglish

Lareiras.gal utiliza cookies propias y de terceros con fines estadísticos. Si continúa navegando, entendemos que acepta su uso según nuestra Política de cookies.

Lareiras.gal utiliza cookies propias e de terceiros con fins estatísticos. Se continúa navegando, entendemos que acepta o seu uso según a nosa Política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies