esEspañol enEnglish


O choco ( a Sepia officinalis L.) é un cefalópodo decápodo coma o calamar, pero máis gordecho.

Ademáis de media ducia de parentes, ten oito brazos arrodeando a boca en pico, e dous tentáculos longos. Pode medir ata corenta centímetros de longo. Noutros tempos, cando había moitos chocos pequerrechos nas augas das praias, podíanse coller ó arrastre na baixamar cunha longa rede estreita, suxeita por uns cantos amigos, que despois escollían os animais ceibando os pequenos.

Cando son grandes soen vivir en augas máis profundas (chegando ós cento cincuenta metros) e se collen con nasas e trasmallos, ademáis de ó arrastre.

Teñen a parte ventral branca irisada e a dorsal de coración variable porque son animais miméticos. Tamén posúen unha cuncha, non desenrolada inteiramente: o sepión ou oso calcáreo, cuberta polo manto ou saco visceral que é o corpo comestible, ademáis dos brazos. O manto dispón dun borde lateral dotado de movemento ondulatorio, que lles permite fuxiren a grande velocidade dos depredadores, botando tamén tinta para enturba-las augas e non seren vistos.

A cuncha ten duas partes: unha delgada e apertada, e outra grosa e con poros. O apelido de “officinalis” lle ven ó choco pola cuncha que, feita pó usouse, entre outras cousas, para combati-la papeira e coma dentífrico. Tamén nas casas, con este pó, limpabase o ouro. O que o tiña.

Por OLAF
Publicado en lareira.net: 10/12/2002
.

esEspañol enEnglish

Lareiras.gal utiliza cookies propias y de terceros con fines estadísticos. Si continúa navegando, entendemos que acepta su uso según nuestra Política de cookies.

Lareiras.gal utiliza cookies propias e de terceiros con fins estatísticos. Se continúa navegando, entendemos que acepta o seu uso según a nosa Política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies