Cáseque en todas partes, hai en Galicia especialidades locais de lambetadas, artesanais na meirande parte dos casos, e esta Torta de Guitiriz é un exemplo, como a Torta das Rías Baixas, o Queique de Ordes, a máis elaborada Lagosta de Lomba de A Guarda (que leva xa améndoa moída), os biscoitos de Samos, os Roscones de San Ramón en Vilalba, e unha manchea de doces que se fan pola nosa terra adiante.

Pero poucas teñen unha lenda na súa orixe, e a de Guitiriz é unha delas. Adiantemos que a torta de Guitiriz é un biscoito coa azucre xusta, de fariña de millo cun burato no medio se o ten o molde. Xemas, manteiga e azucre á que se engade, ós poucos, a fariña de millo, raspas de limón e as claras montadas, Despois, ó forno.

Según a lenda, que ten moitas voltas e revirivoltas, a torta de millo de Guitiriz foi un milagre da Virxe, que rexeitada en tódalas casas dun pobo onde pedía que lle deixaran pasa-la noite, acolleuna nas aforas unha pobre muller con tanta fame coma os fillos que tiña ó seu arredor. Entón a Virxe lle dixo que fixera unha torta coa cinza da lareira, e non somentes ligou a masa coa i-auga, senón que a cinza volveuse millo, e así naceu a primeira Torta de Guitiriz. Pola noite non deixou de chover a Deus dar, e ó día seguinte o pobo enteiro desaparecera baixo as augas.

Así que tende coidado antes de rexeitar a ninguén que vos pida pusada. Sobor de todo se é muller.

Por OLAF
Publicado en lareira.net: 10/12/2002

Lareiras.gal utiliza cookies propias y de terceros con fines estadísticos. Si continúa navegando, entendemos que acepta su uso según nuestra Política de cookies.

Lareiras.gal utiliza cookies propias e de terceiros con fins estatísticos. Se continúa navegando, entendemos que acepta o seu uso según a nosa Política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies