esEspañol enEnglish


O unto é a gordura ou graxa branca que cobre as tripas do intestino delgado do porco, e que se estende, se lle bota sal gorda, e despois se dobra facendo unha sorte de bola que se afuma e deixa enranzarse, adquirindo unha cor marela típica.

O unto comercial, feito nos matadoiros, mantén a cor branca orixinal porque non se afuma, senón que se rexela ata que se fai a distribución. Feito así ten outro sabor que o unto caseiro.

Xa maduro e marelo, é cando se utiliza en certos pratos galegos e, sobor de todo, no caldo. Xa se sabe que “caldo que non leva un pouco de unto non está no seu punto”, aínda que máis enxebre é dicir “canto máis unto, mellores verzas”.

Utilízase sempre na fritada clásica das troitas para endeusalas.

E tamén se usaba outrora para face-las sopas do almorzo cando non había leite de abondo. Entón, cada un de nós enchía unha cunca con pan de centeo tallado en lanchas finas, moi ben postas, botando despois derriba unha ferrada de auga fervendo rustrindo nela, denantes, un bó anaco de unto. Se un podía engadirlle un chisco de leite, as sopas sabían a gloria.

Por OLAF
Publicado en lareira.net: 10/12/2002
.

esEspañol enEnglish

Lareiras.gal utiliza cookies propias y de terceros con fines estadísticos. Si continúa navegando, entendemos que acepta su uso según nuestra Política de cookies.

Lareiras.gal utiliza cookies propias e de terceiros con fins estatísticos. Se continúa navegando, entendemos que acepta o seu uso según a nosa Política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies