A vieira (Pectem maximus) é un marisco, símbolo xacobeo por excelencia. Un pelengrín sen a súa vieira ben visible (ou, a lo menos, unha cualquera das súas valvas) é coma un xardín sen flores. Naturalmente, a vieira é un símbolo logo de comela, porque o seu saibo é esquisito. No apartadoiro de receitas poderán ler como se arranxan, constituíndo unha parella delas, grandes, un primeiro prato abondoso. Pero, se non foran un pouco custosas, hai unha maneira deleitosa de comelas, sacadas da súa cuncha e ben limpiñas e enxugadas: se trata de comelas fritidas. O que sucede é que, así preparadas, un primeiro prato con dúas vieiras non chega a nada. Pola miña banda lles aconsello que coman entre media e unha ducia.

En tódalas linguas (agás o inglés, xa ora) o nome que se lle da á vieira está vencellado con Santiago de Galicia: en portugués é o mesmo que en castellano ou en galego; Coquille de Saint-Jacques, en francés, ou Jacobmuschel en alemán, etc.

É imprescindible.

Por OLAF
Publicado en lareira.net: 10/12/2002

Lareiras.gal utiliza cookies propias y de terceros con fines estadísticos. Si continúa navegando, entendemos que acepta su uso según nuestra Política de cookies.

Lareiras.gal utiliza cookies propias e de terceiros con fins estatísticos. Se continúa navegando, entendemos que acepta o seu uso según a nosa Política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies