esEspañol enEnglish

Denominación de Orixe



Son viños, tamén de Ourense, e da comarca que lles da nome. Comprende os concellos de O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda, Larouco, a Rua de Petín, Petín, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras.

É a patria do Godello para os viños brancos, e do Mencía para os tintos.

Estes viños son monovarietais.

Quero facer mención ó Godello como un viño singular (cecais o mellor viño branco do mundo para un galego de ben) porque non é doado mercalo na casa dun labrego que, tendo cepas de Godello, e somentes con elas, fai un viño na súa casa, artesanal, e monovarietal, xa ora, para consumo exclusivo da súa familia e, cecais, para convidar a alguén que llo mereza. Eu tiven a sorte de catar un de sona, co seu aspecto de auga da fonte e, feito dese xeito artesanal citado, lembroume un pouquiño ó Weisßwein alemán do Rhin. Dende logo, o Godello que eu catei era moito mellor e mais barato.

Pasar por Ourense, especialmente polo Nordés, e non proba-lo Godello e o Mencía, para min é unha viaxe perdida… ou cáseque

Por OLAF
Publicado en lareira.net: 10/12/2002
.

esEspañol enEnglish

Lareiras.gal utiliza cookies propias y de terceros con fines estadísticos. Si continúa navegando, entendemos que acepta su uso según nuestra Política de cookies.

Lareiras.gal utiliza cookies propias e de terceiros con fins estatísticos. Se continúa navegando, entendemos que acepta o seu uso según a nosa Política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies