esEspañol enEnglish

Denominación de Orixe



Como é lóxico, na superficie que supón as Rías Baixas, e a súa xeografía, cun viño que ten a única denominación de Orixe chamada Rias Baixas, temo-la obriga de estremar varias zonas con viños de grande singularidade. O Consello Regulador fala de cinco: Val do Salnés, Condado de Tea, O Rosal, Soutomaior (que somentes abrangue o concello dese nome) e Ribeira do Ulla.

Sobor da base do Albariño, Loureira branca, Caíño branco e Treixadura, fanse os viños brancos. E os tintos coñecen o Caíño tinto, Espadeiro, Loureira tinta e Sousón. Con algunhas cepas, non preferentes, engadidas en ambolosdous casos, se obteñen os famosos viños de Albariño (polo que choran os mariscos), e os restantes do Condado de Tea, Rosa e Salnés. O viño da Ribeira do Ulla, elaborado nesa terra contén, a lo menos, o setenta por cento de Albariño. Obtéñense, tamén, viños de barrica dunha grande calidade.

Esperamos que a grande colleita histórica do ano 2001, sexa a promesa de desfrutar destes viños en tódolos anos vindeiros do século que comezamos.

Por OLAF
Publicado en lareira.net: 10/12/2002
.

esEspañol enEnglish

Lareiras.gal utiliza cookies propias y de terceros con fines estadísticos. Si continúa navegando, entendemos que acepta su uso según nuestra Política de cookies.

Lareiras.gal utiliza cookies propias e de terceiros con fins estatísticos. Se continúa navegando, entendemos que acepta o seu uso según a nosa Política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies