Anchoas en picaracha
Preparación dunhas anchoas en picaracha, prato típico da cociña galega
Racións Prep Time
3persoas 24horas
Cook Time Passive Time
10minutos 5minutos
Racións Prep Time
3persoas 24horas
Cook Time Passive Time
10minutos 5minutos
Instructions
  1. Poñer as anchoas cubertas con abundante sal gordo nun recipiente con tapa e deixalas no frigorífico ata o día seguinte.
  2. Lavar ben as anchoas para lles quitar o sal.
  3. Lavar o recipiente, volver meter nel as anchoas, cubrir de auga e deixar unha hora en remollo para previr calquera exceso de sal.
  4. Mentres, filetear o allo e poñelo a sofrixir en aceite de oliva virxe extra.
  5. Trocear os pementos morróns e engadilos aos allos, deixando confeitar a lume medio.
  6. Escoar ben o peixe e dispoñelo nunha tarteira ampla.
  7. Poñer os pementos e os allos sobre as anchoas.
  8. Cubrir coa salsa de tomate, que ha ser ben espesa porque o peixe soltará máis auga.
  9. Enfornar durante 5 minutos a 200ºC.