Publicada por Marta, 21 January, 2017

Votos: 0
Rating: 0
You:
Puntúa esta receita!
Imprimir receita

Miña nai era unha cociñeira marabillosa. Supoño que todos nós, ou polo menos a maioría, pensamos iso de nosas nais. No meu caso é certo; de feito, o meu home pensa o mesmo. Aínda que todo lle saía moi ben, unha das cousas máis salientables era o caldo de grelos que xa era espeso e sabía “a vello” dende o momento en que remataba de facelo.

Miña nai sempre facía o caldo de grelos (ou nabizas se non era tempo de grelos), nunca, que eu lembre, o fixo de repolo e non estou moi certa canto das verzas. Os outros ingredientes eran as fabas, que deixara en remollo a noite anterior, as patacas e, por suposto, un anaco de unto. Para os que non saibades o que é, o unto é a graxa que cubre as tripas do porco que se afuma e deixa enranciar. Na casa, un caldo sen unto non era caldo.

Miña nai nunca utilizaba auga soa para facer o caldo. Sempre utilizaba o caldo coado que resultaba de facer o cocido; cocido que sempre levaba, lacón, chourizos e tenreira e, case sempre, costela, touciño, orella… Resultaba, xa que logo, un caldo moi substancioso e contundente, de tal xeito que moitas veces era o prato único na mesa.

Esta é a receita do caldo de grelos segundo o facía ela. De feito, as fotos da galería, das que pedimos desculpas pola súa calidade, corresponden a un vídeo caseiro de miña nai facendo o caldo.

Unha advertencia: miña nai sempre cociñaba a ollo, así que non é posible saber as cantidades exactas do utilizado. As que aparecen aquí calculeinas eu, tamén a ollo, segundo ía vendo o vídeo. E tamén a ollo calculei o número de comensais tendo en conta as seguintes variables: o tamaño da pota, que ela estaba afeita a cociñar para oito e sempre sobraba, e que no momento de facer o vídeo xa non eramos tantos na casa.

Ingredientes

8 persoas
Recalcular cantidades
persoas
Información nutricional
Caldo de grelos de Siseta
Cantidade por ración
Calorías 571 Calorías da graxa 189
% valor diario*
Graxa total 21g 32%
Graxas saturadas 8g 40%
Graxas poliinsaturadas 3g
Graxas monosaturadas 8g
Colesterol 76mg 25%
Sodio 457mg 19%
Potasio 1464mg 42%
Carbohidratos totais 43g 14%
Fibra dietética 22g 88%
Azucres 3g
Proteínas 42g 84%
* Porcentaxes diarias baseadas nunha dieta de 2000 calorías.
Preparación
  1. O primeiro que facía era escumar as fabas que tiña en remollo dende a noite anterior. Para iso poñíaas a cocer nunha pota cubertas de auga fría ata que fervía que era cando botaban a escuma. Entón as escoaba e as lavaba.
  2. Unha vez lavadas, poñía a cocer as fabas, tamén en auga fría, cun anaco de unto, e as deixaba ata que comezaban a estar brandas.
  3. Mentres, limpaba a verdura e pelaba as patacas.
  4. Lavaba e cortaba os grelos, só as follas, os talos máis grosos non os botaba. Poñíaos no vertedoiro, co tapón, e escaldábaos con auga fervendo deixándoos así uns minutos. Logo escoábaos e reservaba.
  5. Poñía a quentar o caldo limpo para que, no momento de ir a botar as fabas e o unto, estivese fervendo e así non cortar a súa coción.
  6. Pelaba e lavaba as patacas. Cortábaas moi miudas, como para tortilla, e deixábaas en auga ata o momento de as botar no caldo, para que non se puxesen escuras.
  7. Mentres, botaba as fabas e o unto no caldo fervendo e deixaba que cocesen ata que empezasen a abrir e romper
  8. Neste momento botaba primeiro as patacas e logo os grelos deixando cocer todo xunto ata que estivesen tenros. Ao primeiro coción forte e pota tapada e logo baixaba o lume e deixaba a pota entreaberta.
  9. Se veía que ía quedar solto botaba máis patacas.
Caldo de grelos
Caldo de grelos
Receitas relacionadas

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Lareiras.gal utiliza cookies propias y de terceros con fines estadísticos. Si continúa navegando, entendemos que acepta su uso según nuestra Política de cookies.

Lareiras.gal utiliza cookies propias e de terceiros con fins estatísticos. Se continúa navegando, entendemos que acepta o seu uso según a nosa Política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies