Paspallás en adobo asados
Como preparar unha receita de paspallás adobados, asados no forno, cunha gornición de patacas guisadas no adobo.
Racións Prep Time
4persoas 15minutos
Cook Time Passive Time
20minutos 24horas
Racións Prep Time
4persoas 15minutos
Cook Time Passive Time
20minutos 24horas
Instructions
  1. Salgar os paspallás e poñelos nunha pota.
  2. Poñer por enriba os allos, a cebola e os pementos, todos troceados, e o perexil.
  3. Engadir o azafrán, o viño branco, o aceite de oliva e o vinagre. Remexer.
  4. Deixar repousar no frigorífico durante 24 horas remexendo de cando en vez.
  5. Ao día seguinte prequentar o forno a 200℃
  6. Colocar os paspallás nunha fonte de forno cun pouco do adobo.
  7. Enfornar durante 15 a 20 minutos.
  8. Mentres, dourar as patacas, cortadas en dados, e poñer a cocer o adobo.
  9. Engadir as patacas douradas ao adobo e deixar guisar todo xunto.
  10. Servir os paspallás coa gornición de patacas e adobo.