Empanada de atún (masa con leite)
Receita de empanada de atún cunha masa feita cunha parte de leite
Racións Prep Time
4persoas 2horas
Cook Time Passive Time
30minutos 20minutos
Racións Prep Time
4persoas 2horas
Cook Time Passive Time
30minutos 20minutos
Ingredientes
Masa
Instructions
Zaragallada
  1. Cortar á xuliana as cebolas e o pemento.
  2. Quentar aeite de oliva virxe extra, 4 ou 5 culleradas, e sofrixir a cebola e o pemento.
  3. Escoar o rustrido e reservar o aceite (vai utilizarse para facer a masa).
  4. Mesturar o atún co rustrido e deixar repousar mentres facemos a masa.
Masa
  1. Poñer no vaso da Thermomix 100 g de aceite de facer a zaragallada, 130 g de auga, 50 g de leite e 20 g de fermento.
  2. Programar 90 segundos, 40ºC, velocidade 3.
  3. Logo, engadir 400 g de fariña forte e unha culleradiña de sal.
  4. Programar 2 minutos a velocidade espiga.
  5. Sacar a masa do vaso e traballar á man ata integrar 100 g máis de fariña.
  6. Deixar repousar, tapada, durante 1 hora.
Empanada
  1. Prequentar o forno a 200ºC
  2. Dividir a masa en dúas metades e estendelas do tamaño da fonte a utilizar.
  3. Poñer unha das metades na fonte e, sobre ela, a zaragallada.
  4. Tapar coa otra metade da masa. Selar os bordos e facer un burato no centro.
  5. Pintar con ovo batido e enfornar durante 30 minutos (200ºC)
  6. Deixar arrefriar sobre unha reixa.
Recipe Notes

A receita da empanada galega é moi variada, e neste caso empregamos unha masa que leva unha parte de leite. É unha masa con fermento, polo que é necesario deixala repousar para que levede. Para facela, ademais, utilizamos unha Thermomix. Se non se ten Thermomix, ou unha máquina amasadora, e temos que facer a masa á man, convén non esquecer quentar os líquidos co fermento antes de os mesturar coa fariña.