es en

Publicada por Miguel, 8 May, 2017

Votos: 0
Rating: 0
You:
Puntúa esta receita!
Imprimir receita
Empanada de bacallau con pasas

A receita da empanada galega é moi variada, e neste caso empregamos unha masa que leva unha parte de viño branco. É unha masa con fermento, polo que é necesario deixala repousar para que levede. Para facela, ademais, utilizamos unha Thermomix. Se non se ten Thermomix, ou unha máquina amasadora, e temos que facer a masa á man, convén non esquecer quentar os líquidos co fermento antes de os mesturar coa fariña.

Ingredientes

Zaragallada
Masa
4 persoas
Recalcular cantidades
persoas
Información nutricional
Empanada de bacallau con pasas
Cantidade por ración
Calorías 783 Calorías da graxa 252
% valor diario*
Graxa total 28g 43%
Graxas saturadas 4g 20%
Graxas poliinsaturadas 4g
Graxas monosaturadas 19g
Colesterol 32mg 11%
Sodio 1364mg 57%
Potasio 1010mg 29%
Carbohidratos totais 106g 35%
Fibra dietética 17g 68%
Azucres 11g
Proteínas 32g 64%
Vitamina A 28%
Vitamina C 147%
Calcio 9%
Ferro 34%
* Porcentaxes diarias baseadas nunha dieta de 2000 calorías.
Preparación
Zaragallada
  1. Cortar á xuliana as cebolas e o pemento.
  2. Quentar aceite de oliva virxe extra, 4 ou 5 culleradas, e sofrixir a cebola e o pemento.
  3. Escoar e reservar o aceite (vai utilizarse para facer a masa).
  4. Escaldar o bacallau, durante 1 minuto, en auga con leite. Esmiuzar e retirar as espiñas.
  5. Picar as pasas e, xunto co bacallau, incorporar ao sofrito. Deixar repousar.
Masa
  1. Poñer no vaso da Thermomix 100 g do aceite de facer a zaragallada, 130 g de auga, 80 g de viño branco e 20 g de fermento.
  2. Programar 90 segundos, 40ºC, velocidade 3.
  3. Logo, engadir 400 g de fariña forte e unha culleradiña de sal.
  4. Programar 2 minutos a velocidade espiga.
  5. Sacar a masa do vaso e traballar á man ata integrar 100 g máis de fariña.
  6. Deixar repousar, tapada, durante 1 hora.
Empanada
  1. Prequentar o forno a 200ºC
  2. Dividir a masa en dúas metades e estendelas do tamaño da fonte a utilizar.
  3. Poñer unha das metades na fonte e, sobre ela, a zaragallada.
  4. Tapar coa otra metade da masa. Selar os bordos e facer un burato no centro.
  5. Pintar con ovo batido e enfornar durante 30 minutos (200ºC)
  6. Deixar arrefriar sobre unha reixa.
Empanada de bacalao con pasas (masa vino blanco)
Receitas relacionadas

es en

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Lareiras.gal utiliza cookies propias y de terceros con fines estadísticos. Si continúa navegando, entendemos que acepta su uso según nuestra Política de cookies.

Lareiras.gal utiliza cookies propias e de terceiros con fins estatísticos. Se continúa navegando, entendemos que acepta o seu uso según a nosa Política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies