Publicada por Marta, 6 Outubro, 2015

Votos: 0
Rating: 0
You:
Puntúa esta receita!
Imprimir receita

Eu fixen a masa na Thermomix pero as instrucións da receita explican como se fai a man para aqueles que non dispoñan dun aparello semellante.

Usei só unha cebola e un pemento porque me gustan as empanadas máis ben secas, pero pode aumentarse a cantidade ao gusto de cada quen.

Ingredientes

Masa
8 persoas
Recalcular cantidades
persoas
Información nutricional
Empanada de polo
Cantidade por ración
Calorías 480 Calorías da graxa 198
% valor diario*
Graxa total 22g 34%
Graxas saturadas 4g 20%
Graxas poliinsaturadas 3g
Graxas monosaturadas 13g
Colesterol 62mg 21%
Sodio 346mg 14%
Potasio 301mg 9%
Carbohidratos totais 50g 17%
Fibra dietética 2g 8%
Azucres 2g
Proteínas 19g 38%
Vitamina A 14%
Vitamina C 73%
Calcio 2%
Ferro 17%
* Porcentaxes diarias baseadas nunha dieta de 2000 calorías.
Preparación
Recheo
  1. Primeiro faremos o recheio porque necesitaremos o aceite resultante para facer a masa.
  2. Nunha tixola dourar os filetes de polo adobados con sal de allos. Retirar e reservar.
  3. Na mesma tixola engadir máis aceite e pochar a cebola e o pemento troceados ata que estean brandos.
  4. Mentres, trocear os filetes e engadirlles o pemento e a cebola escoados do aceite, que se usará para a masa. Reservar este recheo e deixar arrefriar.
Masa
  1. Desfacer o fermento na auga, que debe estar morna.
  2. Nun bol, mesturar todos os ingredientes líquidos e o sal.
  3. Ir engadindo a fariña ata formar unha bola que se despegue das paredes.
  4. Amasar nunha superficie enfariñada ata obter unha masa uniforme. Deixar repousar cinco minutos tapada cun pano.
Montaxe
  1. Cortar a masa en dúas metades, unha un pouco máis grande cá outra.
  2. Estirar a metade máis grande e poñela sobre unha bandeira de forno, percurando que sobre masa polos laterais. Convén utilizar como base un papel de forno ou unha lámina tipo Silpat para evitar que se pegue a empanada. Neste caso eu usei un Silpat sobre o que estirei a masa e logo coloqueino directamente sobre a bandeixa.
  3. Estender o recheo sobre a base da empanada.
  4. Estirar a outra metade da masa e cubrir a empanada. Selar os bordes dobrando a masa sobrante dos laterais da base sobre a tapa.
  5. Facer un burato no medio a modo de chimenea e pintar con ovo batido toda a superficie.
  6. Enfornar a 200ºC durante 30 minutos.
Receitas relacionadas

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Lareiras.gal utiliza cookies propias y de terceros con fines estadísticos. Si continúa navegando, entendemos que acepta su uso según nuestra Política de cookies.

Lareiras.gal utiliza cookies propias e de terceiros con fins estatísticos. Se continúa navegando, entendemos que acepta o seu uso según a nosa Política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies