es en

Empanada de raxo
Como preparar unha empanada de raxo
Racións Prep Time
6persoas 90minutos
Cook Time Passive Time
50minutos 30minutos
Racións Prep Time
6persoas 90minutos
Cook Time Passive Time
50minutos 30minutos
Ingredientes
Zaragallada
Masa
Instructions
ZARAGALLADA
  1. Nunha tixola engádese aceite e sofrítense, lentamente, a cebola e o pemento vermello cortados á xuliana.
  2. Cando estean feitos retírase do lume e déixase arrefriar o suficiente para lle botar unha cullerada de pemento doce sen o queimar.
  3. Escoar o rustrido e reservar 100 g do aceite para facer a masa.
  4. Na mesma tixola frítense os filetes de raxo previamente adobados sal de allo. Incorpóranse ao rustrido e resérvase todo.
MASA
  1. Nunha cunca ponse o medio quilo de fariña e se fai un oco no medio.
  2. Dentro botánse a auga morna con sal, o aceite de preparar o recheo, o viño branco e o fermento desmiuzado.
  3. Mestúrase e trabállase todo ben ata que a masa se despegue fácilmente das máns .
  4. Tapar e deixar repousar 20 minutos.
MASA (en Thermomix)
  1. Poñer no vaso da Thermomix 150 g de auga, 100 g de aceite de facer a zaragallada, 50 g de viño e 20 g de fermento.
  2. Programar 1 minuto / 40ºC / velocidade 2.
  3. Logo, engadir 500 g de fariña forte e unha culleradiña de sal.
  4. Programar 2 minutos a velocidade espiga.
  5. Sacar a masa do vaso e traballar á man para formar unha bola.
  6. Deixar repousar, tapada, durante 20 minutos.
MONTAXE
  1. Divídese a masa en dous anacos que se estiran en forma rectangular.
  2. Nunha bandeixa de forno previamente engraxada con aceite e enfariñada (ou cuberta con papel de forno), colócase unha das metades da masa e sobre ela o recheo.
  3. Tápase coa outra metade e selase polos bordes dobrando a parte inferior sobre a superior, na a que debe facerse, no medio, un buraco a modo de cheminea.
  4. Cos restos da masa pódense facer uns adornos.
  5. Píntase con ovo batido e métese no forno, con calor por arriba e por abaixo, a 200º durante 30 minutos.

es en