Publicada por Marta, 9 February, 2016

Votos: 0
Rating: 0
You:
Puntúa esta receita!
Imprimir receita

As follas de limón son unha sobremesa tradicional de Galicia moi típica destas datas de Entroido que, desgraciadamente, está caendo no olvido.

Para preparala utilízanse como soporte follas de limoeiro (tamén serven as de laranxeira) que deben estar moi limpas e ben secas para que collan ben a pasta. Ollo! as follas non se comen.

Hai que deixa as follas unha vez feitas pero eu prefiro retiralas canto antes para que non se poñan brandas e non saian moi aceitosas.

Con estas cantidades saíronme 50 follas.

Ingredientes

10 persoas
Recalcular cantidades
persoas
Información nutricional
Follas de limón
Cantidade por ración
Calorías 110 Calorías da graxa 18
% valor diario*
Graxa total 2g 3%
Graxas saturadas 1g 5%
Graxas poliinsaturadas 0.3g
Graxas monosaturadas 1g
Colesterol 51mg 17%
Sodio 27mg 1%
Potasio 73mg 2%
Carbohidratos totais 18g 6%
Fibra dietética 1g 4%
Azucres 3g
Proteínas 4g 8%
Vitamina A 1%
Calcio 4%
Ferro 6%
* Porcentaxes diarias baseadas nunha dieta de 2000 calorías.
Preparación
  1. Cunha batedora ou variñas mesturar a fariña, o leite, os dous ovos, a cullerada de azucre e unhas pingas da esencia de limón, ata formar unha pasta fina.
  2. Deixar repousar a masa unha media horal
  3. Somerxer as follas de limoeiro na pasta e ir fritíndoas en aceite quente. Coidado coa temperatura do aceite pois, ao levar leite e azucre, a mestura pode se queimar axiña.
  4. Escoar nun papel de cociña para retirar o exceso de graxa, reitrar as follas de limoeiro (opciona) e empoar con azucre.
Receitas relacionadas

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Lareiras.gal utiliza cookies propias y de terceros con fines estadísticos. Si continúa navegando, entendemos que acepta su uso según nuestra Política de cookies.

Lareiras.gal utiliza cookies propias e de terceiros con fins estatísticos. Se continúa navegando, entendemos que acepta o seu uso según a nosa Política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies