Abecedario das mantenzas

Abecedario das mantenzas
Author:
Place: Vigo
Publisher: Xerais
Year:

ISBN 9788499144450
Language: Galician
Format: Print

 

Abecedario das mantenzas
Author:
Place: Vigo
Publisher: Xerais
Year:

ISBN 9788499144450
Language: Galician
Format: Print

 

RESEÑA DO EDITOR
O doutor Fausto Galdo, na estela do xenial Cunqueiro, realiza un percorrido por toda a xeografía gastronómica galega de onte e de hoxe. O Abecedario das mantenzas é, en palabras do historiador e académico Xosé R. Barreiro Fernández, un dicionario dos nosos peixes, froitas, carnes, mariscos, viños…, pero tamén da forma de adubalos e cociñalos sen excluír os nomes e as obras dos mellores coñecedores da cociña galega nin descartar noticias, proverbios, cantigas, ditos e lendas sobre a nosa gastronomía. Este libro resulta algo ben diferente daquelas obras que só pretenden ser un receitario práctico e que deixan de lado toda a cultura que encerra a arte culinaria. Ademais, Fausto Galdo, na súa condición de médico, infórmanos do necesario equilibrio que debe producirse entre os praceres da comida e a saúde das persoas. Cun tratamento divulgativo, recolle o autor a presenza das nosas mantenzas na tradición oral e na produción literaria que vai de Afonso X o Sabio ata Rosalía ou o propio Cunqueiro, e converte este abecedario nun libro de lectura áxil e recorrente.