45 recetas con ortigas


45 recetas con ortigas
Autor:
Colección: A lume lento

Lugar: Santiago de Compostela
Editorial: Alvarellos Editora
Año:

ISBN 9788489323070
Idioma: Castellano
Formato: Impreso

 


RESEÑA DO EDITOR
A gastronomía galega amplía os seus horizontes. Este libro é toda una novidade no riquísimo panorama gastronómico galego e español, unha obra que nos abrirá os ollos a un mundo de novas sensacións, sabores e texturas. A proposta máis imaxinativa da Nova Cociña Galega, todo un tratado sobre a ortiga como ingrediente con cualidades excepcionais para a cocina doce ou salgada, exquisita en revoltos, empanadas, cremas, potaxes, xeados… A ortiga é unha herba até hoxe menosprezada pero que xa era utilizada polos romanos. Posúe importantes propiedades medicinais, é estimulante do aparato dixestivo, combate o reúma, é antianémica, diurética e reconstituínte. 45 recetas con ortigas é todo un descubrimento para unha cociña coa calidade e tradición da galega. HISTORIA, PROPIEDADES E CULTIVO Á parte do amplo e variado receitario, este volume –que inaugura a colección “A lume lento” de Alvarellos Editora– inclúe dous textos introdutorios de dous xornalistas e escritores especialistas en gastronomía, Miguel Vila Pernas e Guillermo Campos, nos que se deteñen na historia culinaria desta pranta, e tres apéndices coas propiedades beneficiosas das ortigas, o seu cultivo, e finalmente un breve léxico gastronómico.