Guía secreta da gastronomía de Galicia … Ourense


Guía secreta da gastronomía de Galicia ... Ourense
Autor:
Colección: A lume lento

Lugar: Santiago de Compostela
Editorial: Alvarellos Editora
Año:

ISBN 9788489323438
Idioma: Gallego
Formato: Impreso

 


SINOPSIS (tomada del libro):

Principiamos unha peculiar viaxe gastronómica por Galicia. E facémolo pola provincia máis xenuína: Ourense. O autor desta nova guía “secreta” que agora presentamos xa fora quen de gañar dous premios Gourmand en 2006 co seu orixinal libro45 recetas con ortigas (Alvarellos Editora) e hoxe ofrécenos unha nova proposta que é tamén unha loita contra o esquecemento: aGuía secreta da gastronomía galega cuxo tomo primeiro conságrase á provincia de Ourense.

Martín Álvarez percorre as feiras, as festas, as romarías e os mercados do seu país ourensán e recolle deles as tradicións gastronómicas, as receitas ou os usos culinarios que corren o risco de se perder no mundo da globalización, pero que son unha das expresións máis fondas da nosa identidade.

Capítulo a capítulo vai pescudando, coma un Cunqueiro do século XXI, o país do millón de vacas. E nárranos a gastronomía dos peixes terra dentro, a horta do rianxo, os licores que elevan o espírito, os pans de millo e fariña triga, a repostería do arroz con leite, das chulas e das rosquillas… E atende tamén a eses establecementos –tendas, restaurantes, tabernas– onde degustar algo único.

“O meu obxectivo é espertar no lector a sensibilidade por amar todo aquilo que forma parte da nosa cultura, para así conservalo e deixárllelo como legado a xeracións futuras”.

Abramos, pois, as páxinas desta historia de sabores vellos, de sabores esquecidos, de sabores sorprendentes… E loitemos porque non morran.

A obra pertence á colección “A lume lento” desta editorial; é o primeiro de catro volumes, un por provincia, que sairán á venda nos próximos meses. O seguinte, dedicado a Lugo, foi escrito polo gastrónomo Miguel Vila.