Crustáceos e moluscos

Santiaguiño

Santiaguiño

Eu coido que dentro da familia das lagostas e espécimes parellos, o Santiaguiño, ó que nomean Scyllarus arctus é, para mín, o rei de todos eles, a pesares de non ter máis de dez centímetros de tamaño. Chegan a chamarlle llagosta, cigarra de mar, cigala, asegún as linguas, e vive nas rochas con fango ata …

Santiaguiño Read More »

Sepia – Jibia

Choco

O choco ( a Sepia officinalis L.) é un cefalópodo decápodo coma o calamar, pero máis gordecho. Ademáis de media ducia de parentes, ten oito brazos arrodeando a boca en pico, e dous tentáculos longos. Pode medir ata corenta centímetros de longo. Noutros tempos, cando había moitos chocos pequerrechos nas augas das praias, podíanse coller …

Choco Read More »

Cigala

Cigala

A “cigala”, que en Galicia chámase tamén nalgures “langostiño”, é o que Linneo bautizou co nome de “Nephrops Norvegicus“. O nome alude a que ten os ollos rileformes, ou sexa, en forma de riles, e o apelido a que foi atopada en Noruega, e alí estudada, por primeira vez. De ata 25 centímetros de lonxitude …

Cigala Read More »

Buey

Boi

Imos falar un pouquiño do Cancer pagurus L., unha sorte de cangrexo decápodo que, cós anos, pode chegar a medir vinte centímetros de longo por trinta de ancho, con tres quilos ou un pouco máis de peso: é un cangrexo “apaisado”. A súa cor vai de rosácea a parda asegún a data da última muda …

Boi Read More »

Lumbrigante

Lumbrigante

Os galegos chamamos Lumbrigante, ou Lubrigante, ó Homarus vulgaris ou Homarus gammarus; e tamén chamámoslle Lubricante, coma en Cantabria. O uso do nome castelán Bogavante é, tamén, moi común en toda Galicia. A súa carne maciza, sabrosa, e que sempre abonda dentro do seu caparazón subcilíndrico fai chorar ás almas sensibles como a miña. Non …

Lumbrigante Read More »

Berberecho

Berberecho

Cientificamente o Marolo chámase Cardium tuberculatum. Este nome e semellante ó que lle dan en Italia de “cuore tuberculato”. O Marolo ten unha cuncha equivalva, e moi forte, coa cima no centro. As valvas teñen máis de vinte costelas, saíntes e con espiñas romas nas marxes. A charnela, articulación das valvas dos moluscos acéfalos, ten …

Berberecho Read More »

Marisco

Ameixa fina

Chámase así á Venerupus ( ou Venus) decussata. É unha especie bivalba, máis ou menos ovalada, co umbo na metade superior da cuncha. Cando na última guerra mundial os aliados afundiron un petroleiro nas costas próximas a Sta. Marta de Ortigueira, violando o espacio español, recolleuse unha boa parte do petróleo e eu fun u …

Ameixa fina Read More »

Ameixa babosa

Ameixa babosa

É a chamada Venerupis pullastra, e ten unha grande semellanza coa ameixa fina. As amas de casa, comparando prezos, inclínanse a miudo por esta ameixa e non pola fina. A diferencia entre unha e outra, é que a “babosa” é máis pequena, ademais de outras diferencias morfolóxicas no estriado e por seren máis alongadas. En …

Ameixa babosa Read More »

Nécoras

Nécora

O nome científico da nécora é Portunus puber ou Macropipus puber. O de Portunus lembra ó deus que tiña as chaves dos portos, porque a nécora atópase neles, e nas noites, sobor de todo cando ocorren as baixamares fondas do outono, pódense coller cun foco (quedan quetas coa luz), protexéndonos as mans cunhas luvas fortes …

Nécora Read More »

Marisco

Ostra

Cientificamente a ostra chámase Ostrea edulis e, coma cáseque sempre, o seu nome en galego é semellante ó nome portugués. A súa cuncha está formada por láminas calizas. Unha valva, a inferior, é convexa, e a superior plana. Utilízanse coma un delicado manxar dende dez centímetros adiante, aínda que tamén se aproveitan as máis pequenas. …

Ostra Read More »

Scroll ao inicio