Abelá

AbeláA abelá é o froito da abeleira ( o nome máis costumado) ou abelaneiro. A Corylus avellana L. é unha arbre autóctona, aínda que non exclusivamente de Galicia, porque hai aveleiras en toda Europa e chegan á Asia mediterránea. En Galicia poden aparescer illadas pero, a miudo, forman pequenas fragas de arbres, cáseque arbustos, que non chegan ós dez metros de altura doutras abeleiras, e son sempre silvestres, ramificándose dende cáseque a base da planta.

Corylus era o nome grego da abeleira, que facía referenza ó “korus”, casco, pola forma da cúpola da abelá.

Os froitos aparescen ó remate do vrán ou cara ó outono. Nese tempo podemos agaviar polas ramas baixas de calquera abeleira que teñamos a man, ou que saibamos dela, e levar con nos un escachanoces para non esmendrella-la dentamia.

A máis de saborosas, as abelás dan moitas calorías, poucos carbohidratos (5,3g/100g) e, xa ora, nemigalla de colesterol. Se usan para facer doces, ou soias coma “cascallo”dos andadores, e trepadores de montes, non dos outros trepas.

© OLAF – 10 de Decembro de 2002

Scroll ao inicio