Xurelo

JurelEn Galicia O Trachurus trachurus L. , que é irmán do picturatus e do mediterraneus, ten unha grande cantidade de nomes que, ás veces, se refiren a subespecies, ou lugares de cria, ou tamaños. Por exemplo, a miudo chámanse “xurelas” ós xurelos grandes. Tamén, coma en castelán, se lle llama chicharro, pero o normal, aparte da verba “xurelo”, úsase “chincho”, variantes fónicas de “xurelo”, “xurelo da choca”, ou “moscón”, ou “sardiñeiro”. Este “sardiñeiro” é o que pescan os barcos de cerco se teñen sorte, cuando van á sardiña, non a atopan, pero embarcaron un “racú”, rede para o xurelo, polo que poida pasar.

No vrán é cando os xurelos se achegan á costa, e é cando se pescan ó cerco; pero de invierno van lonxe, a moita profundidade, e somentes se pescan ó arrastre.

De fuciño afiado e boca esguellada (oblicua), o xurelo é un peixe azul delicioso que, como a sardiña, agrada comelo coas mans sobor dun anaco de pan

© OLAF – 10 de Decembro de 2002

Scroll ao inicio