Percebe

PercebeO percebe é o Pollicipes cornucopia, nome que fai referenza ó dedo polgar ou furabolos.

A uña bivalva, feita cadansúa de varias pezas é o extremo do dedo que se fixa ás rocas. O dedo é un pedúnculo carnoso protexido por unha pel moi forte. Seguro que se decatan de que a parte comestible do percebe é somentes o pedúnculo carnoso.

Para moita xente o percebe é o marisco máis esquisito, cunha veda de abril a outono. A súa colleita, feita con rasquetas nos rochedos e nas covas batidas polo mar é moi perigosa. Xa que logo, o seu outo prezo está xustificado.

O percebe ten de ser comido degustándoo e con respeto.

© OLAF – 10 de Decembro de 2002

Scroll ao inicio