Arroz con lagostinos

Arroz con lagostinos

Prato: Prato principal, Primeiro prato
Cociña: Española
Keyword: arroz, marisco
Calorías: 504.87kcal

Preparación: 1 hour
Tempo de cocción: 20 minutes
Total Time: 1 hour 20 minutes
Como preparar arroz con lagostinos nun wok e empregando como líquido un caldo feito coas cascas dos lagostinos.
Persoas 4 persoas

Ingredientes

  • 240 g arroz
  • 750 g lagostino
  • 2 dente allo
  • ½ cebola
  • ½ pemento encarnado
  • 1 tomate
  • 2 follas loureiro
  • 4 cdas aceite de oliva virxe extra
  • 700 g fumet preparado coas cascas dos lagostinos
  • sal
  • pementa
  • 1 chisco azucre

Instrucións paso a paso

  • Limpar as colas dos lagostinos, reservando as cascas.
  • Sazonar as colas e reservar.
  • Sofrixir as cascas e cabezas en aceite de oliva virxe extra.
  • Engadir dúas follas de loureiro e un litro de auga, e deixar cocer para facer un fumet. Escoar e reservar.
  • Sofrixir os dentes de allo, fileteados, xunto coa cebola e os pementos, cortados á xuliana, e o tomate, relado e aderezado con sal e azucre a partes iguais.
  • Unha vez sofrixido todo, engadir o arroz e refogalo un ou dous minutos.
  • Incorporar 700 g do fumet e levar a ebulición.
  • Cando comece a ferver, engadir os lagostinos e deixar cocer, sen tapar, 17 minutos.
  • Retirar do lume e deixar repousar, tapado, 5 minutos.

Nutrición

Calorías: 504.87kcal | Carbohidratos: 54.94g | Proteínas: 31.23g | Graxa: 16.83g | Graxa saturada: 2.34g | Graxa trans: 0.01g | Colesterol: 236.25mg | Sodio: 2579.84mg | Potasio: 541.88mg | Fibra: 1.89g | Azucre: 2.15g | Vitamina A: 1030.31IU | Vitamina C: 36.08mg | Calcio: 144.81mg | Ferro: 1.76mg

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio