Empanada de atún

Publicada por Marta o 02/06/17

A receita da empanada galega é moi variada, e neste caso empregamos unha masa que leva unha parte de leite. É unha masa con fermento, polo que é necesario deixala repousar para que levede.

Para facela, ademais, utilizamos unha Thermomix. Se non se ten Thermomix, ou unha máquina amasadora, e temos que facer a masa á man, convén non esquecer quentar os líquidos co fermento antes de os mesturar coa fariña.

 

Ingredientes

Servings 4 persoas


Recheo

  • 240 g atún en aceite de oliva
  • 2 cebola
  • 1 pemento encarnado

Masa

  • 130 g auga
  • 50 g leite
  • 100 g aceite de oliva virxe extra de facer o rustrido
  • 20 g fermento de panadaría
  • 500 g fariña forte
  • 1 cdña sal

Nutrición

Calorías: 799kcal | Carbohidratos: 98g | Proteínas: 36g | Fat: 33g | Graxa saturada: 5g | Graxa poliinsaturada: 5g | Graxa monoinsaturada: 20g | Colesterol: 12mg | Sodio: 227mg | Potasio: 773mg | Fibra: 16g | Azucre: 4g | Vitamina A: 850IU | Vitamina C: 70.1mg | Calcio: 70mg | Ferro: 6.1mg

Instrucións paso a paso

Recheo

  • Cortar á xuliana as cebolas e o pemento.
  • Quentar aeite de oliva virxe extra, 4 ou 5 culleradas, e sofrixir a cebola e o pemento.
  • Escoar o rustrido e reservar o aceite (vai utilizarse para facer a masa).
  • Mesturar o atún co rustrido e deixar repousar mentres facemos a masa.

Masa

  • Poñer no vaso da Thermomix 100 g de aceite de facer a zaragallada, 130 g de auga, 50 g de leite e 20 g de fermento.
  • Programar 90 segundos, 40ºC, velocidade 3.
  • Logo, engadir 400 g de fariña forte e unha culleradiña de sal.
  • Programar 2 minutos a velocidade espiga.
  • Sacar a masa do vaso e traballar á man ata integrar 100 g máis de fariña.
  • Deixar repousar, tapada, durante 1 hora.

Empanada

  • Prequentar o forno a 200ºC
  • Dividir a masa en dúas metades e estendelas do tamaño da fonte a utilizar.
  • Poñer unha das metades na fonte e, sobre ela, a zaragallada.
  • Tapar coa otra metade da masa. Selar os bordos e facer un burato no centro.
  • Pintar con ovo batido e enfornar durante 30 minutos (200ºC)
  • Deixar arrefriar sobre unha reixa.
Empanada de atún
Empanada de atún

A receita da empanada galega é moi variada, e neste caso empregamos unha masa que leva unha parte de leite. É unha masa con fermento, polo que é necesario deixala repousar para que levede.

Para facela, ademais, utilizamos unha Thermomix. Se non se ten Thermomix, ou unha máquina amasadora, e temos que facer a masa á man, convén non esquecer quentar os líquidos co fermento antes de os mesturar coa fariña.

 

Ingredientes

Servings 4 persoas


Recheo

  • 240 g atún en aceite de oliva
  • 2 cebola
  • 1 pemento encarnado

Masa

  • 130 g auga
  • 50 g leite
  • 100 g aceite de oliva virxe extra de facer o rustrido
  • 20 g fermento de panadaría
  • 500 g fariña forte
  • 1 cdña sal

Instrucións paso a paso

Recheo

  • Cortar á xuliana as cebolas e o pemento.
  • Quentar aeite de oliva virxe extra, 4 ou 5 culleradas, e sofrixir a cebola e o pemento.
  • Escoar o rustrido e reservar o aceite (vai utilizarse para facer a masa).
  • Mesturar o atún co rustrido e deixar repousar mentres facemos a masa.

Masa

  • Poñer no vaso da Thermomix 100 g de aceite de facer a zaragallada, 130 g de auga, 50 g de leite e 20 g de fermento.
  • Programar 90 segundos, 40ºC, velocidade 3.
  • Logo, engadir 400 g de fariña forte e unha culleradiña de sal.
  • Programar 2 minutos a velocidade espiga.
  • Sacar a masa do vaso e traballar á man ata integrar 100 g máis de fariña.
  • Deixar repousar, tapada, durante 1 hora.

Empanada

  • Prequentar o forno a 200ºC
  • Dividir a masa en dúas metades e estendelas do tamaño da fonte a utilizar.
  • Poñer unha das metades na fonte e, sobre ela, a zaragallada.
  • Tapar coa otra metade da masa. Selar os bordos e facer un burato no centro.
  • Pintar con ovo batido e enfornar durante 30 minutos (200ºC)
  • Deixar arrefriar sobre unha reixa.
Empanada de atún
Información nutricional
Empanada de atún (masa con leite)
Cantidade por ración
Calorías 799 Calorías da graxa 297
% valor diario*
Fat 33g51%
Graxa saturada 5g25%
Graxa poliinsaturada 5g
Graxa monoinsaturada 20g
Colesterol 12mg4%
Sodio 227mg9%
Potasio 773mg22%
Carbohidratos 98g33%
Fibra 16g64%
Azucre 4g4%
Proteínas 36g72%
Vitamina A 850IU17%
Vitamina C 70.1mg85%
Calcio 70mg7%
Ferro 6.1mg34%
* Porcentaxes diarias baseadas nunha dieta de 2000 calorías.