Fabas con polbo

Publicada por Marta o 28/10/18

As fabas (en galego) tamén son coñecidas como alubias, judías blancas  o habichuelas (en castellano). En Galicia utilizamos, normalmente, o termo “fabas” e son famosas as ” Fabas de Lourenzá” que teñen Indicación Xeográfica Protexida. Con elas fixen esta receita.

Para esta receita pódense utilizar fabas e polbo xa cocidos, co que a receita resulta moi sinxela. Neste caso cocín as fabas pero utilicei polbo previamente cocido.

Espero que vos guste.

Ingredientes

Servings 4 persoas


  • 300 g faba
  • 300 g polbo cocido
  • 1 pemento encarnado
  • 1 pemento verde
  • 1 cebola
  • 1 tomate
  • 2 cdña pemento doce
  • auga ou caldo de cocer o polbo
  • 3 cda aceite de oliva
  • sal

Nutrición

Calorías: 413kcal | Carbohidratos: 34g | Proteínas: 32g | Fat: 13g | Graxa saturada: 2g | Graxa poliinsaturada: 2g | Graxa monoinsaturada: 8g | Colesterol: 36mg | Sodio: 766mg | Potasio: 1325mg | Fibra: 21g | Azucre: 4g | Vitamina A: 2500IU | Vitamina C: 106.4mg | Calcio: 50mg | Ferro: 4.9mg

Instrucións paso a paso

  • Poñer a cocer as fabas (remolladas da noite anterior se non son tenras) en auga fría. Cando rompan a ferver e solten a escuma, tirar a auga. Volver poñelas a cocer con auga fría (mesturada co caldo de cocer o polbo) e sal.
  • Se, a medida que as fabas cocen, quedan curtas de auga pódese engadir máis, pero sempre fría. Tardarán unha hora aproximadamente.
  • Mentres cocen as fabas, cortar en cubos moi pequenos as verduras: cebola, pementos e tomate.
  • Cortar o polbo (con tesoiras) e reservar.
  • Cando as fabas estean case listas, empezar a facer o rustrido
  • Nunha tarteira con aceite dourar a cebola.
  • A continuación engadir os pementos (vermello e verde) e cando estean case listos, incorporar o tomate.
  • Cando o rustrido estea listo, engadir o pemento doce e refogar ben con coidado de que non se queime.
  • A continuación incorporar as fabas e remover con coidado de que non rompan. Se é necesario, engadir un pouco de caldo.
  • Por último engadir o polbo e mesturar ben.
Fabes con pulpo
Fabas con polbo

As fabas (en galego) tamén son coñecidas como alubias, judías blancas  o habichuelas (en castellano). En Galicia utilizamos, normalmente, o termo “fabas” e son famosas as ” Fabas de Lourenzá” que teñen Indicación Xeográfica Protexida. Con elas fixen esta receita.

Para esta receita pódense utilizar fabas e polbo xa cocidos, co que a receita resulta moi sinxela. Neste caso cocín as fabas pero utilicei polbo previamente cocido.

Espero que vos guste.

Ingredientes

Servings 4 persoas


  • 300 g faba
  • 300 g polbo cocido
  • 1 pemento encarnado
  • 1 pemento verde
  • 1 cebola
  • 1 tomate
  • 2 cdña pemento doce
  • auga ou caldo de cocer o polbo
  • 3 cda aceite de oliva
  • sal

Instrucións paso a paso

  • Poñer a cocer as fabas (remolladas da noite anterior se non son tenras) en auga fría. Cando rompan a ferver e solten a escuma, tirar a auga. Volver poñelas a cocer con auga fría (mesturada co caldo de cocer o polbo) e sal.
  • Se, a medida que as fabas cocen, quedan curtas de auga pódese engadir máis, pero sempre fría. Tardarán unha hora aproximadamente.
  • Mentres cocen as fabas, cortar en cubos moi pequenos as verduras: cebola, pementos e tomate.
  • Cortar o polbo (con tesoiras) e reservar.
  • Cando as fabas estean case listas, empezar a facer o rustrido
  • Nunha tarteira con aceite dourar a cebola.
  • A continuación engadir os pementos (vermello e verde) e cando estean case listos, incorporar o tomate.
  • Cando o rustrido estea listo, engadir o pemento doce e refogar ben con coidado de que non se queime.
  • A continuación incorporar as fabas e remover con coidado de que non rompan. Se é necesario, engadir un pouco de caldo.
  • Por último engadir o polbo e mesturar ben.
Fabes con pulpo
Información nutricional
Fabas con polbo
Cantidade por ración
Calorías 413 Calorías da graxa 117
% valor diario*
Fat 13g20%
Graxa saturada 2g10%
Graxa poliinsaturada 2g
Graxa monoinsaturada 8g
Colesterol 36mg12%
Sodio 766mg32%
Potasio 1325mg38%
Carbohidratos 34g11%
Fibra 21g84%
Azucre 4g4%
Proteínas 32g64%
Vitamina A 2500IU50%
Vitamina C 106.4mg129%
Calcio 50mg5%
Ferro 4.9mg27%
* Porcentaxes diarias baseadas nunha dieta de 2000 calorías.