Mexillóns estilo vieira

Publicada orixinalmente en lareira.net por Marta o 16/03/2008

Ingredientes

Servings 2 persoas


  • 500 g mexillón
  • 1 cebola pequena
  • 1 tomate grande
  • 30 g xamón serrano cortado en taquiños moi pequenos
  • 1 chorriño viño branco
  • 1 chorriño brandy
  • 1 chorriño caldo de abrir os mexillóns

Nutrición

Calorías: 295kcal | Carbohidratos: 19g | Proteínas: 30g | Fat: 6g | Graxa saturada: 2g | Graxa poliinsaturada: 2g | Graxa monoinsaturada: 1g | Colesterol: 326mg | Sodio: 1100mg | Potasio: 1125mg | Fibra: 2g | Azucre: 6g | Vitamina A: 1050IU | Vitamina C: 26.4mg | Calcio: 20mg | Ferro: 0.5mg

Instrucións paso a paso

  • Limpar os mexillóns, abrilos, retirar unha das cunchas, e dispoñer nunha fonte de forno.
  • Pódese gardar un pouco de caldo, coado, para engadir á salsa.
  • Nunha tixola cun fondo de aceite, refogar a cebola picada moi fina, practicamente triturada, sazonar e deixala facer moi lentamente para que non se queime pero que quede ben feita.
  • Engadir o tomate triturado ou picado moi miúdo, sen a pel nin as sementes, e sazonar.
  • Cando falten uns minutos para que estea feito, engadir o viño, o coñac e o chorriño de caldo de abrir os mexillóns (isto é optativo porque pode darlle un sabor demasiado forte).
  • Deixar reducir ata que quede un pouco espesa a salsa e, entón, engadir o xamón moi picadiño. O xamón engádese ao final para que non salgue demasiado a salsa.
  • Poñer un pouco de salsa encima dos mexillóns e gratinar no forno uns minutos.
  • Pódeselle botar un pouco de pan relado por enriba y gratinar ata que estea tostado, dependendo do espesa que resulte a salsa.
Mejillones en salsa de vieira
Mexillóns estilo vieira

Ingredientes

Servings 2 persoas


  • 500 g mexillón
  • 1 cebola pequena
  • 1 tomate grande
  • 30 g xamón serrano cortado en taquiños moi pequenos
  • 1 chorriño viño branco
  • 1 chorriño brandy
  • 1 chorriño caldo de abrir os mexillóns

Instrucións paso a paso

  • Limpar os mexillóns, abrilos, retirar unha das cunchas, e dispoñer nunha fonte de forno.
  • Pódese gardar un pouco de caldo, coado, para engadir á salsa.
  • Nunha tixola cun fondo de aceite, refogar a cebola picada moi fina, practicamente triturada, sazonar e deixala facer moi lentamente para que non se queime pero que quede ben feita.
  • Engadir o tomate triturado ou picado moi miúdo, sen a pel nin as sementes, e sazonar.
  • Cando falten uns minutos para que estea feito, engadir o viño, o coñac e o chorriño de caldo de abrir os mexillóns (isto é optativo porque pode darlle un sabor demasiado forte).
  • Deixar reducir ata que quede un pouco espesa a salsa e, entón, engadir o xamón moi picadiño. O xamón engádese ao final para que non salgue demasiado a salsa.
  • Poñer un pouco de salsa encima dos mexillóns e gratinar no forno uns minutos.
  • Pódeselle botar un pouco de pan relado por enriba y gratinar ata que estea tostado, dependendo do espesa que resulte a salsa.
Mejillones en salsa de vieira
Información nutricional
Mexillóns estilo vieira
Cantidade por ración
Calorías 295 Calorías da graxa 54
% valor diario*
Fat 6g9%
Graxa saturada 2g10%
Graxa poliinsaturada 2g
Graxa monoinsaturada 1g
Colesterol 326mg109%
Sodio 1100mg46%
Potasio 1125mg32%
Carbohidratos 19g6%
Fibra 2g8%
Azucre 6g7%
Proteínas 30g60%
Vitamina A 1050IU21%
Vitamina C 26.4mg32%
Calcio 20mg2%
Ferro 0.5mg3%
* Porcentaxes diarias baseadas nunha dieta de 2000 calorías.