Hai agora 30 anos, na miña única viaxe a Grecia, houbo dúas cousas, en plan gastronómico, que me encantaron: o Tzatziki e o pan de pita. Gústame máis o pan de pita, que non é como o árabe que se abre e pode encherse. Déixoo para outra receita.
Tróuxenme un libro de cociña grega (téñeno en todos os idiomas habidos e por haber) e hoxe preséntovos o Tzatziki. É unha ensalada de iogur grego con cogombro, allo e vinagre. É como unha salsa pero os gregos (no meu libro de cociña grega) clasifícana como ensalada
Aquí acompaño o Tzatziki con galletas Mariñeiras que están estupendas.